Pórtico da Gloria
Enmarcada nas actividades programadas arredor da lectura de Gloria, obra de banda deseñada de Pío Barreiro e Lola Garcerá, a profesora de Historia da Arte da Universidade de Santiago, Marta Cendón, impartiu este xoves, 5 de decembro, unha charla sobre o Pórtico da Gloria dirixida aos membros do club de lectura.
O club de lectura Brétema expresa o seu máis sincero agradecemento a Marta Cendón pola súa xenerosa e desinteresada colaboración connosco.