Ir o contido principal

Peche III Xornadas Orientación Laboral e Emprendemento

O pasado 12 de novembro demos por finalizadas as III Xornadas de Orientación Laboral e Emprendemento, celebradas no noso centro. Queremos agradecer a todos os participantes: alumnado, profesorado e relatores, por facer posible esta experiencia! 

Ao longo destas xornadas, o noso alumnado participou en diversas actividades formativas como: 

  • Taller : "Marketing en Liña. Todo un universo ao que sacar proveito non só a nivel empresa", a cargo da consultora Con C de Comunicación e dirixido ao alumnado do módulo de EIE, que lles permitiu explorar as ferramentas dixitais e as súas aplicacións no ámbito empresarial. 
  • Obradoiro: "Alfabetización Dixital: Utilidades da IA no emprendemento e a orientación laboral". Relatora: Raquel Pedrouso. Unha charla divulgativa onde participaron estudantes de 1º e 2º curso das distintas familias profesionais, explorando o potencial da Intelixencia Artificial no mundo laboral e do emprendemento. 
  • Coloquio: "Como traballar as miñas competencias para mellorar a empregabilidade", impartido pola empresa Inforhouse, onde o alumnado de 1º curso traballou en competencias clave para o seu desenvolvemento profesional. 
  • Obradoiros de Primeiros Auxilios, impartidos por técnicos da Cruz Vermella e dirixidos a todo o alumnado matriculado nos módulos de FOL, IPE e IPE I, para mellorar as súas habilidades de asistencia e resposta en situacións de emerxencia. 
  • Xunto con Talleres de "Marca Persoal para a busca de emprego" e "Charlas divulgativas sobre o emprendemento baixo a fórmula cooperativa". 

Aquí vos deixamos algunhas imaxes das xornadas! Grazas a todos e todas por participar!

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais