Ir o contido principal

Orgullosos do noso alumnado

O pasado venres, 12 de xaneiro, visitounos Uxía Rodríguez, ex alumna do noso centro, que despois de obter o título de TÉCNICO EN ELECTRÓMECÁNICA DE VEHÍCULOS AUTOMÓBILES, iniciou unha nova etapa formativa e profesional no mundo do motor, especializándose no ámbito da MECÁNICA DE COMPETICIÓN. 

Os nosos alumnos da Familia Profesional de TMV non perderon detalle da charla pois Uxía, a pesar da súa mocidade, atesoura unha importante traxectoria profesional, tendo a oportunidade de participar no 2023 como MECÁNICA no MUNDIAL DE MOTO 3-MOTO GP - MTA Angeluss Racing Team- e no 2022 nas 24H DE MONTMELÓ (Team 24h Moto Bimtrazer Fly). 

Desde o CIFP Politécnico de Santiago queremos desexarche moitísima sorte na túa nova andaina profesional, vinculada ao CAMPIONATO EUROPEO DE VELOCIDADE en categoría de MOTO 2 e MOTO 3!!"

Redes sociais