Ir o contido principal

Obradoiros de Marca Persoal para o noso alumnado!

Os días 28 e 29 de outubro, o alumnado de 1º curso dos ciclos formativos: CS DESAMO, CM SOCA, CM OPELAB, CS SITEIN e CS AUTO participou en distintos obradoiros de Marca Persoal para a Procura de Emprego impartidos pola empresa Implicatum. 

Estes talleres enfocáronse en axudar aos nosos estudantes para construír a súa marca persoal, unha ferramenta clave na procura de emprego. A través de dinámicas prácticas e exemplos reais, adquiriron habilidades que os preparan para destacar no mercado laboral. 

Os obxectivos concretos que perseguimos con esta iniciativa é que os participantes poidan: 

  • Adquirir habilidades clave para a procura de emprego 
  • Destacar nun mercado laboral competitivo 
  • Desenvolver unha marca persoal única que reflicta os seus valores e competencias 

Con esta acción formativa, buscamos tamén motivar ao noso alumnado para construír un perfil profesional sólido desde o inicio da súa formación. Para completar a formación, os obradoiros continuarán os días 7 e 8 de novembro con novos grupos de primeiro curso.

Redes sociais