O noso alumnado nas Xornadas de Automatización JAI 2025!
O pasado 11 de febreiro, o alumnado da Familia Profesional de Instalación e Mantemento matriculada no 2º curso do CS de Mecatrónica Industrial (réxime ordinario) e 1º curso do CS de Mecatrónica Industrial (réxime dual) participou nas Xornadas sobre Tecnoloxías e Solucións para a Automatización Industrial (JAI 2025), celebradas do 10 ao 14 de febreiro na Escola de Enxeñería Industrial da Universidade de Vigo.
Estas xornadas, referentes no ámbito da automatización industrial, ofreceron un programa de ponencias orientado á difusión das tecnoloxías máis innovadoras e avanzadas do sector. Sen dúbida, unha oportunidade única para que o noso alumnado coñecese de primeira man os últimos avances e tendencias en automatización!