Igualdade
Información sobre proba rápida do VIH
O xoves 28 de novembro do 2019 o persoal de Quérote+ ofreceu información sobre a proba rápida do VIH ao noso alumnado no descanso da mañá. Axúntanse fotos e información da campaña.
QUEROTE + é unha rede de centros de información e asesoramento para a mocidade, que ofrece os seguintes servizos:
- Páxina web con información dinámica e interactiva
- Atención profesional de consultas presenciais, telefónicas, on-line e por mensaxería instantánea (Whatsapp/Telegram) no 647 018 752
- Realización de obradoiros en centros de ensino, asociacións e institucións xuvenís:
- Actividades divulgativas: stands, mesas informativas, participación en foros
- Publicacións propias: folletos, monográficos, guías
- Cartaz Q+
- Cuadríptico Q+
- Realización de test de embarazo e a proba rápida do VIH