Ir o contido principal

Nada - Claudio Stassi

O Ministerio de Cultura e Deporte organizan este 17 de marzo o primeiro Día do Cómic e do Tebeo.

Nós celebramos este día coa sexta reunión do club de lectura do curso 2022-2023, na hora do descanso, na que falamos de Nada, obra de banda deseñada de Claudio Stassi, baseada na novela de Carmen Laforet. Nada retrata o agobiante e opresivo ambiente co que se atopa unha xoven de dezaoito anos que viaxa á Barcelona da posguerra para estudar letras na universidade.

A seguinte reunión terá lugar o venres, 24 de marzo, tamén na hora da pausa. Trataremos From hell, unha novela gráfica de Alan Moore e Eddie Campbell.

Preme sobre a seguinte ligazón para acceder ao cartaz deste primeiro Día do Cómic e do Tebeo.

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais