Monsieur Vadim
O mércores, 20 de decembro, tivo lugar a cuarta reunión do club de lectura do curso 2023-2024 na hora do descanso, na que falamos de Monsieur Vadim, de Gihef & Morgann Tanco. Trátase dunha historia de aventuras protagonizada por Vadim Koczinsky, un ex-lexionario retirado que perdeu os seus aforros por un xestor económico corrupto.
A seguinte reunión terá lugar o luns, 19 de xaneiro, tamén na hora da pausa. Trataremos Contrapaso, unha novela gráfica de Teresa Valero.