Ir o contido principal

Mobilidades do profesorado

Neste último trimestre do curso, varios docentes do CIFP Politécnico de Santiago realizaron mobilidades formativas en Portugal (Barcelos), Irlanda (Dublín) e Dinamarca (Odense). Ademais de compartir experiencias con docentes doutros países e fortalecer lazos con outras organizacións europeas, tiveron a oportunidade de recibir formación específica que terá un impacto directo na aprendizaxe do noso alumnado. Agradecemos o apoio das organizacións que acolleron aos docentes e esperamos seguir contando coa súa colaboración en proxectos futuros:

  •  AGRUPAMENTO DE ESCOLAS DE BARCELOS
  • UR UNIVERSAL ROBOTS
  • TEACHERACADEMY


Estas mobilidades foron posibles grazas aos  Programas Eramus+ propios do centro (KA121-VET-000215904, KA131-HED-000125694, KA131-HED-000215900) e á participación do CIFP Politécnico de Santiago no Consorcio da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional (programa KA121-VET-000147461).

 

 

Redes sociais