Ir o contido principal

Memorias dun neno labrego

Este mércores, 22 de maio, tivo lugar a novena reunión do club de lectura do curso 2023-2024 na hora do descanso, na que falamos de Memorias dun neno labrego, de Iria Aldegunde, baseada na obra homónima de Xosé Neira Vilas. Trátase dunha obra que leva a cabo a difícil adaptación ao formato de banda deseñada do libro máis traducido e lido da literatura galega. É unha ollada ao mundo que Balbino contempla e que trata de comprender a través de preguntas que, no seu caso, non son doadas de contestar.

A seguinte reunión terá lugar o venres, 24 de maio, na hora da pausa. Trataremos El abismo del olvido, unha novela gráfica de Paco Roca e Rodrigo Terrasa.

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais