Ir o contido principal

Ensinanzas de Formación Profesional

Orden Ministerial con medidas excepcionais en materia de flexibilización das ensinanzas de Formación Profesional

Hoxe publícase no BOE unha Orden Ministerial (Ministerio de Educación y Formación Profesional) con medidas excepcionais en materia de flexibilización das ensinanzas de Formación Profesional, atendendo ás circunstancias derivadas da crise sanitaria do COVID-19.

Estas medidas deberán ser levadas a cabo polas Administracións educativas competentes, polo que só son posibilidades que poder ser tomadas en conta (ou non) polas CC.AA. Por tanto, este texto vale como referencia pero non é normativo. Hai que esperar a que a Consellería de Educación concrete esas medidas. A continuación proporciónase un resumo do publicado no BOE:

Artigo 2

Poderase autorizar a redución excepcional da duración dos módulos de Formación en centros de trabado, ao mínimo de horas do decreto de cada título e ensinanzas mínimas.

Artigo 3. Ciclos formativos de grao superior.

Poderán integrase nun módulo os de Formación en centros de traballo e o de proxecto. Este módulo integrado terá una duración total de duascentas corenta e cinco horas.O módulo integrado será conforme ó decreto de cada título. Poderase substituír la estancia en empresas (FCT) por unha proposta de actividades asociadas ao entorno laboral. A avaliación do módulo de Formación en centros de traballo non requirirá a colaboración da figura do titor de empresa. O módulo de proxecto avaliarase numericamente, entre un e dez, sen decimais. A cualificación do módulo profesional de Formación en centros de traballo será apto ou non apto, e non se terá en conta calcular a nota media do expediente académico.

Artigo 4. Ciclos de Formación Profesional Básica e de grao medio de Formación Profesional.

Poderase incorporar un módulo de proxecto nos currículos de los ciclos formativos de Formación Profesional Básica e de grao medio de Formación Profesional, e integralo co módulo de Formación en centros de traballo. Poderase substituír la estancia en empresas (FCT) por unha proposta de actividades asociadas ao entorno laboral. A avaliación do módulo de Formación en centros de traballo non requirirá a colaboración da figura do titor de empresa. A cualificación do módulo profesional de Formación en centros de traballo será apto ou non apto, e non se terá en conta calcular a nota media do expediente académico.

Artigo 5. Formación Profesional Dual

Nos casos en que as actividades dun ciclo formativo en modalidade dual foron interrompidas por circunstancias derivadas da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, poderase entender extinguido o convenio ca empresa colaboradora e proceder, no seu caso, a realizar os cambios oportunos das matrículas e documentos de avaliación do alumnado afectado nas ensinanzas de Formación Profesional. 


O texto íntegro pode consultarse aquí: https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2020-4575

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais