Los sueños del lobo

O venres, 14 de febreiro, tivo lugar a cuarta reunión do club de lectura do curso 2024-2025 na hora do descanso, na que falamos de Los sueños del lobo, de Llor e Canales.
Los sueños del lobo conta a historia de Manuel Blanco Romasanta, xulgado como o asasino en serie máis cruento da historia de España, acusado de trece homicidios. O proceso toma un xiro inesperado cando o acusado asegura que os crimes foron cometidos baixo os efectos dunha maldición que o transforma nun home lobo sedento de sangue. A nova espállase rapidamente polos xornais sensacionalistas e chega ata Arxel, onde un misterioso braidista, experto nos recunchos máis escuros da mente humana, envía unha carta á raíña Isabel II. Asegura que pode penetrar na mente de Romasanta, descubrir a verdade detrás dos seus actos e mesmo curalo, pero para iso precisa entrevistarse con el en privado. Esta é a historia do que aconteceu neses enigmáticos encontros.
A seguinte reunión terá lugar o venres, 21 de febreiro, tamén na hora da pausa. Trataremos Xaora, unha novela gráfica de Ana Moreiras.