O noso centro atópase na zona sur da cidade de Santiago de Compostela nas proximidades da Estación de Ferrocarril e do Complexo Hospitalario (CHUS).
CIFP Politécnico de Santiago
Avda. Rosalía de Castro, 133 - 15706 Santiago de Compostela Teléfono: 881 867 601; Fax: 881 867 638 E-mail: cifp.politecnico.santiago@edu.xunta.es
Horario: Luns a venres de 08:30 a 21:30 (ininterrompido)
Non dispón de aparcamento para o alumnado, pero nas proximidades do edificio existe un amplo aparcadoiro gratuito (Área de Libre Estacionamento Santa Marta) no que poderás deixar o vehículo.
O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.