Ir o contido principal

Letras Galegas 2026


📚✨ Begoña Caamaño_ Letras Galegas 2026 no Politécnico

O pasado 18 de maio vivimos no CIFP Politécnico de Santiago unha xornada moi especial arredor das Letras Galegas.

🎭 O noso grupo de teatro, composto por profesorado do centro, ofreceu unha emocionante lectura dramatizada de Morgana en Esmelle. Foron dúas sesións que encheron o centro de literatura, emoción e compromiso coa nosa lingua. 💙

🎶 A actividade, coordinada pola nosa compañeira Edita Álvarez Silva, contou cunha coidada ambientación musical:

☀️ No pase matinal, a cargo de Manuel Abalo.
🌙 No pase da tarde, co Coro Harmonia Stellae (baixo a dirección de Manuel Tojo), que interpretou pezas tan emblemáticas como Negra sombra, Catro vellos mariñeiros ou Balaio.

Queremos agradecer o traballo e a implicación de todas as persoas participantes e, dun xeito moi especial, da actriz Iolanda Muíños , por facer posible unha celebración chea de creatividade, arte e identidade galega. 🌟

🚀 E isto continúa! 📖 A programación das Letras Galegas no centro seguirá o vindeiro 22 de maio coa actuación matinal de Serafín Marcos. ¡Non o perdades!

Redes sociais