Letras Galegas 2024
Actuación de Serafín Marcos
Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, o pasado luns recibimos a visita de Serafín Marcos, quen presentou no CIFP Politécnico de Santiago o espectáculo "Unha historia de palabras".
Nesta representación, Serafín Marcos tomou as palabras de Luísa Villalta para recuperar a memoria da obra e vida da homenaxeada nestas Letras Galegas 2024.
A través dos seus poemas e prosa, percorremos a súa Coruña natal, a Cidade Alta, e acercámonos ás súas paixóns, revivindo as loitas polas causas que creía xustas Coa música, o silencio e a súa paixón por Galiza, sentímonos preto da escritora coruñesa.
Unha posta en escea amena e chea de sorpresas deron forma a este percorrido fascinante polas vivencias de Luísa Villalta.