Red Labora


Red Labora: Ferramentas para a busca de emprego

Alumnado de 1º curso dos Ciclos Superiores do centro participou no Salón de actos na actividade formativa “Red Labora. Ferramentas para a busca de emprego” os días 8 novembro nunha sesión de tarde e 17 de novembro nunha sesión de mañá. Esta formación realizouse en colaboración coa Red Labora, que desenvolve estas actividades en todo o territorio galego.

Durante estas sesións a ponente Valle Marcos García-Conde achegou á alumnado aos temas relacionados coa busca de emprego, desenvolvendo a realización dun CV, as ferramentas dixitais para a busca de emprego e as cuestións máis destacadas dunha entrevista de traballo. Participaron varios alumnos nos simulacros destas entrevistas que foron comentadas polo alumnado con posterioridade.

Esta actividade encádrase no programa de ACF organizado polo departamento de FOL e ten por obxecto facilitar ao alumnado o acceso ao mundo laboral.

Share this post