CIFP Politécnico de Santiago

Os primeiros másteres de FP de Santiago forman expertos en ciberseguridade e atraen o interese das empresas antes de finalizar as súas promocións. Ocorreulle ao Politécnico o curso pasado e outra vez este, e ao IES San Clemente, que incorporou a titulación en novembro. Carlos Blanco e Manuel González Regal, coordinadores destes ensinos en ambos os centros, explican que varias compañías, algunhas coñecidas multinacionais, pediron currículos. Outras requirían directamente persoal.

Fonte: Joel Gómez (La Voz de Galicia)

Fotografía: Paco Rodríguez

Share this post