Ir o contido principal

La gota de sangre

O venres, 11 de abril, tivo lugar a octava reunión do club de lectura do curso 2024-2025 na hora do descanso, na que falamos de La gota de sangre, de Vílbor-Curro-Soria, baseada na novela homónima de Emilia Pardo Bazán.

La gota de sangre é unha pioneira novela policíaca publicada en 1911 por Emilia Pardo Bazán, figura fundamental das letras galegas e españolas. Cunha aguda mirada crítica e un ton irónico, a autora introduce a Ignacio Selva, un señorito madrileño culto e ocioso que, ao verse envolto nun crime como sospeitoso, atopa por fin un estímulo para enfrontarse á vida real. Lonxe de amedrentarse, decide investigar pola súa conta, burlando á policía e ao sistema xudicial, movido non tanto pola xustiza como polo tedio burgués. 

Con esta obra, Pardo Bazán non só desafía os modelos británicos da novela detectivesca que consideraba baleiros e repetitivos, senón que tamén inaugura o xénero negro en lingua española cun enfoque innovador e cunha protagonista fóra do común. La gota de sangre é, sen dúbida, unha mostra da modernidade narrativa e da audacia intelectual dunha autora adiantada ao seu tempo.

A seguinte reunión terá lugar o venres, 2 de maio, tamén na hora da pausa. Trataremos Memorias de un solterón, unha novela de Emilia Pardo Bazán.

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais