Ir o contido principal

La espera

O mércores, 28 de febreiro, tivo lugar a sexta reunión do club de lectura do curso 2023-2024 na hora do descanso, na que falamos de La espera, de Keum Suk Gendry-Kim. La espera reconstrúe o trauma de toda unha xeración de coreanos, xa case esquecidos, que seguen agardando un reencontro.

A seguinte reunión terá lugar o venres, 15 de marzo, tamén na hora da pausa. Trataremos Palestina, unha novela gráfica de Joe Sacco.

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais