Javier Tejo no concurso de ASINEC
O alumno Javier Tejo Blanco participa no XIX Concurso de Xóvenes Instaladores organizado por ASINEC
O alumno Javier Tejo Blanco, do ciclo de grao superior de Sistemas Electrotécnicos e Automatizados do CIFP Politécnico de Santiago, participou no XIX Concurso de Xóvenes Instaladores organizado por ASINEC, a Asociación Provincial de Industriais Electricistas e de Telecomunicacións da Coruña.
A competición reuniu alumnado de distintos centros de Formación Profesional da provincia nunha proba práctica orientada a poñer en valor os coñecementos técnicos, a capacidade de resolución de problemas e as competencias profesionais do futuro persoal instalador.
Desde o CIFP Politécnico de Santiago queremos trasladar os nosos parabéns a Javier polo excelente traballo realizado e polo alto nivel demostrado durante o concurso, representando ao centro cunha destacada preparación técnica e profesional.