Ir o contido principal

Inscrición en Selectividade 2014

Inscrición en Selectividade 2014

Aqueles alumnos que desexen presentarse á fase específica das PAU teñen que inscribirse  do 13 ao 31 de maio.

Para isto deberán se non teñen un identificador solicitar unha conta en https://www.edu.xunta.es/nerta/. Alí introducen os seus datos e a aplicación xerará unha folla de taxas, que deberán pagar no banco. Con esta folla e o certificado de estudios que se lle facilitará na Oficina do CFIP, acudirán ao LERD máis cercano e finalizarán a inscrición.

O LERD (Lugar de Entrega e Recollida de Documentación) de Santiago está no Campus Sur:

LERD 1 Campus de Santiago de Compostela
Servizo de Xestión Académica
Pavillón Estudantil, 2ºandar-Campus Vida
15782 Santiago de Compostela
INFORMACIÓN OIU: 881 812 000/ 881 811 000
Fax: 881 814 855

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais