InnovaTech FP 2025: Formación en Metodoloxía Design Thinking
O pasado venres, 10 de xaneiro, o salón de actos do CIFP Politécnico de Santiago acolleu unha das xornadas de formación presencial en Metodoloxía Design Thinking, que se están a celebrar en distintos centros docentes de toda Galicia no marco do programa #InnovatechFP2025.
Esta actividade reuniu un total de 175 persoas, organizadas en 35 equipos, dos cales 13 estaban formados por estudantes do noso centro.
A formación foi impartida pola consultora Suma Importancia, representada por Roberto Pérez Marijuán, quen liderou as sesións e introduciu aos participantes en ferramentas clave para potenciar a creatividade e a innovación. Estas habilidades aplicáronse á resolución de retos formulados polas 20 empresas colaboradoras no proxecto.
Trasladar o noso máis sincero agradecemento a Roberto Pérez Marijuán e ao seu equipo polo excelente traballo realizado, contribuíndo a impulsar o talento innovador do noso alumnado de FP.
Desde o CIFP Politécnico de Santiago, seguimos avanzando e consolidando o programa InnovaTech FP 2025, un proxecto que fomenta a formación de calidade e a colaboración co tecido empresarial.