Ir o contido principal

Eduemprende-Idea 2021-22


"Convocatoria do concurso de proxectos de empresa Eduemprende Idea 2021-22"

http://www.edu.xunta.gal/fp/concurso-eduemprende-idea-2022

Instruccións para realizar a solicitude:

    • Cubrir o anexo I e o anexo II (pódense modificar indo á barra de tarefas de Adobe Acrobat: "Herramientas:Rellenar y firmar") e subilos á sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) xunto co resto de arquivos a presentar.
    • Cubrir o procedemento "Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non contén cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado Código PR004A". En destinatario indicar: "Vicepresidencia 2ª e Consellería de Economía, Empresa e Innovación. Instituo Galego de Promoción Económica".

Quen pode presentarse ao concurso?

Poderá participar o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:

    • Estar matriculado no curso 2021-2022 nas ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia, sostidas con fondos públicos.
    • A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dous/dúas alumnos/as e un máximo de catro, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberán nomear un representante ou apoderado único co poder suficiente para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle corresponden á agrupación.
    • As persoas participantes deben cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiarias de acordo co artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

Premios

Premiaranse os tres mellores proxectos de empresa de cada modalidade.

  1. Modalidade A: ciclos de grao superior
    • Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade
    • Asesoramento técnico do IGAPE
    • Dotación económica:
      • 1º premio: 3.000 euros
      • 2º premio: 2.000 euros
      • 3º premio: 1.000 euros
  2. Modalidade B: ciclos de grao medio
    • Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade
    • Asesoramento técnico do IGAPE
    • Dotación económica:
      • 1º premio: 3.000 euros
      • 2º premio: 2.000 euros
      • 3º premio: 1.000 euros

Como participar

A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado, que se xunta como anexo I ás bases, e que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática http://www.tramita.igape.es, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Será obrigatoria a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDE obtido no paso anterior.

A oficina virtual do Igape acepta todos os certificados validados pola plataforma @firma da Administración xeral do Estado, que son os que figuran nesta relación: https://administracionelectronica.gob.es/PAe/aFirma-Anexo-PSC.

A presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a sinatura da solicitude por parte dun único solicitante. No caso de que deba ser asinada por máis dun solicitante (por exemplo, solicitudes con dous asinantes, representación mancomunada, etc.), deberá necesariamente anexar un documento en que se deixe constancia de que todos os asinantes autorizan un deles para presentar a solicitude. Este documento realiza rase en papel con sinaturas manuscritas e deberá ser escaneado a formato PDF para ser anexado.

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

  1. Ficha de persoas participantes segundo o anexo II.
  2. Proxecto de empresa.
  3. Resumo executivo do proxecto.
  4. Vídeo de presentación do proxecto. No caso de non poder achegar o vídeo polo ta maño do arquivo, poderá achegarse un documento no cal se recolla un enderezo web onde poder ver e/ou descargar o vídeo.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG 11-04-2022).

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais