Eduemprende-Idea 2020-21
"Convocatoria do concurso de proxectos de empresa Eduemprende Idea 2020-21"
http://www.edu.xunta.gal/fp/concurso-eduemprende-idea-2021
Quen pode presentarse ao concurso?
Poderá participar o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:
- Estar matriculado no curso 2020-2021 nas ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia, sostidas con fondos públicos.
- A participación terá que ser en grupo, formado por un mínimo de dous/dúas alumnos/as e un máximo de catro.
- As persoas participantes deben cumprir os requisitos para obter a condición de beneficiarias de acordo co artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
Premios
Premiaranse os tres mellores proxectos de empresa de cada modalidade.
Modalidade A: ciclos de grao superior
- Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade
- Asesoramento técnico do IGAPE
- Dotación económica:
- 1º premio: 3.000 euros
- 2º premio: 2.000 euros
- 3º premio: 1.000 euros
Modalidade B: ciclos de grao medio
- Incorporación a un viveiro de empresa da Consellería de Cultura, Educación e Universidade
- Asesoramento técnico do IGAPE
- Dotación económica:
- 1º premio: 3.000 euros
- 2º premio: 2.000 euros
- 3º premio: 1.000 euros
Como participar
Os participantes deberán formar grupos de entre dúas e catro persoas e formalizarán a inscrición do seu grupo e do proxecto, no prazo establecido na correspondente convocatoria.
A solicitude presentarase preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) disponible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
As solicitudes deberán dirixirse ao seguinte enderezo: Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela.
Para estes efectos os rexistros dos centros educativos non se consideran incluídos dentro das dependencias enumeradas no dito artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG 16-04-2021).