Hotel de polinizadores
O alumnado do CIFP Politécnico de Santiago constrúe no parque de Vista Alegre o Hotel de Polinizadores.
Froito da colaboración entre a Universidade de Santiago, a asociación máisquemel, o Museo de Historia Natural, a Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural, o Concello de Santiago e o CIFP Politécnico de Santiago. Esta construción ten por obxecto favorecer a proliferación dos insectos beneficiosos para fecundación das plantas, o control de pragas e a preservación da biodiversidade.