Héctor Sánchez Bellón en Canadá
Héctor Sánchez Bellón continúa a súa preparación para os WorldSkills en Canadá
O noso alumno Héctor Sánchez Bellón, campión de España no skill de Tecnoloxía do Automóbil en SpainSkills 2026, continúa coa súa preparación para representar a España no campionato mundial WorldSkills Shanghai 2026.
Dentro deste proceso de preparación internacional, Héctor está a participar nun simulacro de competición celebrado en Edmonton, unha experiencia de alto nivel na que está a poñer a proba os seus coñecementos técnicos, capacidade de diagnóstico e habilidades prácticas en condicións similares ás dunha competición oficial WorldSkills.
A participación neste tipo de adestramentos permite ao alumnado perfeccionar aspectos técnicos e tamén traballar a xestión da presión, a precisión e a rapidez na resolución de probas, elementos fundamentais neste tipo de campionatos internacionais de Formación Profesional.
Desde o CIFP Politécnico de Santiago queremos trasladarlle os nosos parabéns e todo o noso apoio nesta preparación cara aos WorldSkills, unha das competicións de FP máis importantes do mundo.