Gloria
O luns, 2 de decembro, tivo lugar a terceira reunión do club de lectura do curso 2024-2025 na hora do descanso, na que falamos de Gloria, de Pío Barreiro e Lola Garcerá. Gloria leva ao lector a unha emocionante viaxe polo período románico, onde acción, aventura e intriga se entrelazan. A súa protagonista feminina ofrece unha perspectiva innovadora sobre a creación artística na Idade Media..
A seguinte reunión terá lugar o xoves, 5 de decembro, ás 11:30, na que a profesora de Historia da Arte da USC, Marta Cendón, ofrecerá unha charla sobre o Pórtico da Gloria aos membros do club de lectura.