Gala Final de INNOVATECH_FP_2025!!!
O 17 de xuño asistimos, xunto cos nosos dous equipos finalistas, á gala final de entrega de premios do proxecto INNOVATECH_FP_2025, celebrada no CIFP Universidade Laboral de Culleredo.
O acto estivo presidido polo Conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e contou coa presenza de diversas autoridades, como a Directora Xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez, así como cos representantes das 20 empresas colaboradoras que formularon os retos desta edición.
Desde aquí queremos expresar o noso máis sincero recoñecemento e agradecemento aos nosos equipos finalistas polo seu fantástico traballo, pola súa implicación, dedicación e entusiasmo. Chegar á final deste prestixioso certame xa é un gran logro, que pon en valor o talento, a creatividade e o espírito innovador do noso alumnado.
Parabéns a todos os centros premiados e grazas á organización por facer posible este espazo de impulso á innovación na Formación Profesional.
#InnovaTechFP #CIFPPolitécnicoSantiago #FPGalicia