Ir o contido principal

Formación Presencial para o Emprendemento e o Empleo (UPTA)

Hoxe, no CIFP Politécnico de Santiago e coincidindo co comenzo das III Xornadas de Orientación Laboral e Emprendemento, tivemos unha sesión presencial sobre formación en emprendemento e emprego, organizada en colaboración coa Unión de Profesionales y Trabajadores Autónomos (UPTA)

Esta actividade estivo dirixida ao alumnado de 2º curso de ciclos formativos de grao superior e contou coa presenza de Eduardo Abad, presidente de UPTA, e de Jesús Diéguez, técnico da entidade, que, a través das súas intervencións, explicaron os pasos fundamentais para emprender con éxito e resolveron as dúbidas expostas polo noso alumnado. 

Para rematar a xornada, contamos tamén coa presenza de Daniel Pampín, socio fundador de Amásame Bakery LAB, que quixo compartir con nós toda a súa experiencia como emprendedor, destacando tanto os logros como os erros dos que aprendeu ao longo da súa traxectoria empresarial. 

Este encontro foi unha gran oportunidade para que o noso alumnado adquirise coñecementos clave sobre o emprendemento, desde unha perspectiva práctica e realista. Agradecemos a todos os participantes e relatores a súa implicación e compromiso coa educación e o futuro profesional dos nosos estudantes.

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais