Formación en marcha
Formación en marcha no CIFP Politécnico de Santiago
O CIFP Politécnico de Santiago acolleu unha actividade formativa dirixida ao profesorado da familia profesional de Fabricación Mecánica, coincidindo coa recente incorporación de nova maquinaria ao taller.
A formación centrouse no manexo da plegadora de control numérico (CNC), un equipamento clave para o traballo de chapa metálica, que permite acadar altos niveis de precisión e repetibilidade nos procesos de dobrado.
O curso foi impartido por Antonio Lorenzo Q., técnico da empresa DENER Group, quen ofreceu unha formación intensiva orientada tanto ao coñecemento técnico da máquina como á optimización do seu uso en contornos produtivos e didácticos.
Esta iniciativa enmárcase na liña de traballo do centro orientada á actualización continua de equipamentos e competencias, co obxectivo de garantir unha formación de calidade, aliñada coas esixencias actuais do sector industrial.