Finalización dos Obradoiros de Marca Persoal!
Pechamos con éxito as últimas sesións dos obradoiros de Marca Persoal para a Procura de Emprego, celebradas os días 7 e 8 de novembro. Estes talleres, impartidos pola consultora Implicatum, estiveron dirixidos a estudantes de distintos ciclos formativos, matriculados no módulo de IPE I.
Durante a formación, o alumnado tivo a oportunidade de adquirir ferramentas fundamentais para destacar no mercado laboral e de traballar na creación dunha marca persoal que reflicta os seus valores e competencias.
Con esta experiencia, confiamos en dar un paso máis cara ao desenvolvemento profesional dos nosos estudantes, mellorando as súas oportunidades de emprego no futuro.