Ir o contido principal

Exposición


Exposición Galiza: un pobo, unha selección

Durante varias semanas estará instalada no noso centro a exposición sobre as seleccións deportivas galegas ao longo da historia. A través de 20 paneis faise un repaso da dimensión patrimonial e cultural do deporte galego, percorrendo diferentes deportes e fitos históricos como o fútbol, o fútbol gaélico, os xogos olímpicos e paralímpicos ou a muller e a súa loita pola igualdade.

En dúas mesas próximas aos paneis, tedes os xornais, as revistas e os catálogos da propia exposición que fican ao voso dispor, podendo apañar exemplares dos mesmos.

Agardamos que desfrutedes e gustedes da mesma.

Preme sobre a seguinte ligazón para acceder ao cartel da actividade.

 
 
 
 

 

 

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais