Escape room financeiro
O escape room financeiro “Finexit” chega ao CIFP Politécnico de Santiago
O noso centro acolleu este martes unha nova parada de Finexit, o innovador escape room educativo impulsado pola Cámara de Comercio de España e Fundación Mapfre, coa colaboración da Cámara de Santiago de Compostela e a cofinanciación da Unión Europea.
A actividade converte a educación financeira nun reto divertido e participativo, no que o alumnado de FP tivo que poñer a proba os seus coñecementos económicos para rescatar a Erica Midas, unha empresaria ficticia atrapada en Marte.
Durante a experiencia, as persoas participantes practicaron tamén competencias transversais como a planificación estratéxica, o traballo en equipo e a organización empresarial.
No acto participaron tamén Sandra Becerra, responsable do Departamento de Creación de Empresas e do Vivero de Empresas da Cámara de Santiago, e José Constantino Bargo Quintáns, representante de Fundación Mapfre na cidade, que destacaron a importancia de formar ás novas xeracións en cultura financeira desde un enfoque práctico e motivador.
Unha iniciativa que combina aprendizaxe e xogo, e que achega a cultura financeira ao noso alumnado dun xeito innovador e inspirador.