Ir o contido principal

Os Cursos Profissionais


Visita á Escola Profissional "cenatex" en Guimarães

Hoxe ampliamos a formación recibida na Escola Profissional de Braga coa visita a outra escola do norte de Portugal que imparte un curso de electricidade e electrónica moi similar ao da escola de Braga: A Escola Profissional cenatex de Guimarães, que tamén ten estudos de moda.

O curso profesional de Técnico de Electrónica, Automatización e Instrumentación (Electrónica, Automatización e Mando na escola de Braga) prepara ao alumnado para:

    • Montar, desmontar e reparar automatismos industriais
    • Interpretar e reparar instalacións de baixa tensión de alimentación, comando, sinalización e protección
    • Efectuar regulacións, calibracións e alteracións na exploración de sistemas electrónicos
    • Montar e operar sistemas informáticos
    • Montar e reparar equipamentos pneumáticos e electrónicos de de medida e control industrial
    • Interpretar e utilizar correctamente manuais, esquemas e outra literatura técnica
    • Aplicar e respeitar as normas de protección do ambiente e de prevención, hixiene e seguridade no traballo
    • Proxectar, instalar e operar sistemas de automatización por autómatas programables

Pero o que realmente caracteriza a ambas escolas é introducir no alumnado o interese pola electrónica mediante proxectos interdisciplinares que os van preparando para o proxecto final, ao que lle dan unha importancia primordial: o proxecto PAP (Proba de Aptitude Profesional), do que xa falamos. No centro de Guimarães traballan este ano nun proxecto que combina as matemáticas e a electrónica en torno ao número PI. En Braga, o alumnado empregou a fotografía para rexistrar a matemática do seu entorno; fotografías que están expostas no seu centro.

Esto os leva a incorporar contidos extra-curriculares como o caso da Robótica no centro de Guimarães. Mediante un proxecto que mistura robótica e fútbol quedaron campións en tres ocasións no Campionato Mundial de Robótica: en 2009 en Graz (Austria), 2011 en Istambul (Turquía) e 2012 en Cidade do México (México).

As seguintes fotografías reflicten a vida cotiá de ambos centros.

 
 
 

 

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais