Ir o contido principal

Emprender en cooperativismo

Coincidindo co comezo das II Xornadas de Orientación Laboral e Emprendemento no CIFP Politécnico de Santiago, todo o alumnado de 2º curso distribuído nunha quenda de mañá e outra de tarde, asistiu á CHARLA DE COOPERATIVISMO impartida por Alex Pereira, mentor, consultor e asesor da Rede Eusumo, na que se lles brindou unha visión práctica sobre o funcionamento das cooperativas. Interveu tamén Miriam que nos contou a súa experiencia como socia de Gaia dos Nenos Ecocrianza, cooperativa de traballo asociado situada en Santiago, con máis de 10 anos de traxectoria no mundo empresarial.

Redes sociais