Ir o contido principal

Emprendemento: Xornada Lanzamento de Retos. InnovaTech FP 2023

Tras asistir á Xornada de Lanzamento do Programa InnovaTech FP levada a cabo o pasado 1 de decembro no CIFP Universidade Laboral (Culleredo), os nosos equipos xa están a traballar na procura de solucións viables e creativas aos retos propostos por empresas de distintos sectores produtivos como son: Viaqua, Pérez Rumbao S.A.U., Finsa, Aceites Abril ou L'Oréal. 

O CIFP Politécnico de Santiago participará neste novedoso proxecto con cinco equipos de carácter multidisciplinar, formado cada un deles por 4 membros, con distribución equitativa de xénero. 

O programa InnovaTech FP ten por obxectivo impulsar a innovación tecnolóxica e o emprendemento industrial, fomentando a creación de empresas de base tecnolóxica entre o alumnado de Formación Profesional, buscando ademáis xerar un impacto positivo no desenvolvemento do medio rural. 

Dende o CIFP Politécnico de Santiago agradecemos a colaboración prestada por todo o alumnado e profesorado implicado nesta innovadora e apaixonante experiencia.

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais