EMPRENDEMENTO: XII Edición GIRAJóvenes
"El profesorado de FP como motor de cambio"
A piques de entrar na recta final da XII Edición GIRAJóvenes Coca-Cola, varios profesores do Departamento de FOL do CIFP Politécnico de Santiago desprazáronse o pasado venres 10 de maio ata a Sede de Coca-Cola en Madrid, para participar nun encontro con docentes de toda España, encargados de coordinar aos equipos de alumn@s inscritos nesta edición GIRA.
O encontro, convocado baixo o lema "El Profesorado de FP como motor de cambio", permitiu a todos os asistentes reflexionar sobre as dificultades para aliñar o sistema educativo actual de FP coa Axenda de Desenvolvemento Sostible e analizar, co taller impartido por técnicos da Fundación Universidade Empresa (FUE), propostas para implementar o traballo das Soft Skills na aula. Tamén puidemos coñecer novas metodoloxías e formas innovadoras de traballar nas aulas de FP, grazas ás charlas impartidas por membros do equipo directivo do IES Albalat (Cáceres) e ao docente Sergio Banderas, profesor de Informática no CPIFP Alan Turing (Málaga).
Estamos convencidos de que este intercambio de ideas e experiencias axudará a superar os retos que a Formación Profesional afronta na actualidade, mentres seguimos avanzando con entusiasmo na XII Edición GIRAJóvenes!