EMPRENDEMENTO: Programa Eduemprende "Eduindustria"
O noso centro está comprometido coa innovación educativa e co desenvolvemento profesional dos nosos estudantes. Por iso, o pasado luns, 13 de maio, os alumnos do 1º Ciclo Medio de Carpintaría e Moble participaron na actividade "Scape Room: Desafío Industria".
Esta dinámica, enmarcada no programa Eduemprende: EduIndustria convocado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades e desenvolvido en colaboración coa Cámara de Comercio A Coruña, pretendeu achegar aos nosos estudantes ao mundo do emprendemento na industria dun xeito lúdico e innovador. A través da gamificación en clase, os alumnos puideron descubrir os fundamentos do emprendemento e os pasos necesarios para levar adiante unha idea de negocio.
Dende o CIFP Politécnico de Santiago, seguimos a traballar ofrecendo aos nosos estudantes oportunidades como esta, que enriquecen a súa formación e os preparan para os desafíos do mundo laboral actual.