EMPRENDEMENTO: Participación alumnado Gira Jóvenes Coca-Cola
O pasado martes 30 de xaneiro, asistimos á Sesión de Benvida para Galicia da XII Edición de GIRA Jóvenes Coca-Cola, celebrada na planta de produción que a empresa ten na Coruña. O evento foi inaugurado pola Directora Xeral de Formación Profesional da Xunta de Galicia, María Eugenia Pérez Fernández, xunto con Gema Domínguez, Xestora de Comunicación de Coca-Cola Europacific Partners.
O CIFP Politécnico de Santiago súmase a este emocionante proxecto con case 50 alumn@s distribuidos en 4 equipos, manifestando tod@s eles grande ilusión por chegar á final! Nesta iniciativa participan un total de 600 xóvenes matriculados en centros educativos de toda España, cos que sen dúbida o noso alumnado compartirá aprendizaxes e experiencias moi enriquecedoras.
O propósito fundamental de GIRA Jóvenes Coca-Cola é apoiar aos estudantes de FP, con idades comprendidas entre os 16 e 30 anos, na súa preparación para ingresar ao mercado laboral. Este programa potencia as súas habilidades blandas (Soft Skills), inspiraos a través de clases maxistrais e bríndalles apoio na creación de proxectos con impacto positivo no seu entorno.
Dende o CIFP Politécnico de Santiago desexamos moita sorte a tod@s @s participantes! Estamos seguros de que aproveitarán e disfrutarán ao máximo desta experiencia única.
Fotos 1 a 3 cedidas por Coca-Cola España