Ir o contido principal

Emilia, de la oscuridad a la luz

O luns, 7 de abril, tivo lugar a séptima reunión do club de lectura do curso 2024-2025 na hora do descanso, na que falamos de Emilia, de la oscuridad a la luz, de Carmen Fernández Etreros e Alen Lauzán Falcón.

Nesta novela gráfica, a escritora Emilia Pardo Bazán revísase dende unha perspectiva divulgativa e visual, ofrecéndonos un retrato vital e literario dunha muller adiantada ao seu tempo.

Desde a súa infancia en Galicia ata o seu compromiso firme coa literatura e coa igualdade, o relato percorre os episodios máis relevantes da súa vida: o seu matrimonio e posterior separación, a súa produción novelística, os seus viaxes, e tamén as súas loitas, como o rexeitamento por parte da Real Academia Española. Cunha narrativa accesible e coidada, esta obra achega a figura de Pardo Bazán a novos públicos e reivindica o seu papel como máxima representante do naturalismo literario en España.

A seguinte reunión terá lugar o venres, 11 de abril, tamén na hora da pausa. Trataremos La gota de sangre, unha novela gráfica de Vílbor-Curro-Soria, baseada na novela homónima de Emilia Pardo Bazán.

Redes sociais