Ir o contido principal

El árbol desnudo

O venres, 3 de novembro, tivo lugar a primeira reunión do club de lectura do curso 2023-2024 na hora do descanso, na que falamos de El árbol desnudo, de Keum Suk Gendry-Kim. Inspirada nunha historia real, é unha adaptación á banda deseñada dunha novela de culto da literatura coreana que nos introduce de cheo na guerra de Corea.

A seguinte reunión terá lugar o venres, 10 de novembro, tamén na hora da pausa. Trataremos Degas. La danza de la soledad, unha novela gráfica de Rubio-EFA.

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais