El abismo del olvido
Este venres, 24 de maio, tivo lugar a décima reunión do club de lectura do curso 2023-2024 na hora do descanso, na que falamos de El abismo del olvido, de Paco Roca e Rodrigo Terrasa. Trátase dunha obra que recupera a historia de Leoncio Badía -mozo republicano obligado a traballar de sepulturero-; de José Celda -asasinado polo réxime franquista e enterrado nunha fosa común-; e de Pepica Celda -filla de José, que aspira a poder recuperar os seus restos para restaurar a súa dignidade. Tratado cunha obxectividade admirable, é unha crónica desgarradora das miserias deste país, obsesionado con despreciar a súa memoria histórica.