Ir o contido principal

Eduemprende Idea 2026


Dous equipos do CIFP Politécnico de Santiago, premiados no concurso Eduemprende Idea 2026! 

Celebramos o talento, a creatividade e o espírito emprendedor do noso alumnado!

HYGROROCK | 1.º premio – Modalidade B (Grao Medio) | Dotación económica: 3.000 €
Emma F. I., Adriana I. G. e Alejandro C. S., creadores dunha proposta innovadora: pedras que cambian de cor coa humidade para facilitar o coidado das plantas. 

PROTENORD | 2.º premio – Modalidade A (Grao Superior) | Dotación económica: 2.000 €
Hugo V. C. e Hugo M. B., impulsores dun proxecto de biotecnoloxía aplicada ao sector primario, que propón transformar larvas en concentrado proteico e abono orgánico. 

Estes recoñecementos poñen en valor a capacidade do alumnado da FP para transformar ideas en solucións innovadoras, sostibles e con potencial empresarial.

Desde o CIFP Politécnico de Santiago, estamos moi orgullosos de vós!

Parabéns aos cinco estudantes premiados e ao profesorado que os acompañou no desenvolvemento destas iniciativas!  Moito éxito nos vosos futuros proxectos!

Podes ler a noticia completa en El Correo Gallego:
https://www.elcorreogallego.es/santiago/2026/10/22/biotecnologia-cuidado-plantas-proyectos-politecnico-135618154.html

Máis información: https://www.xunta.gal/es/notas-de-prensa/-/nova/029700/xunta-premia-seis-proyectos-concurso-eduemprende-idea-2026-para-fomentar-espiritu 
 

Redes sociais