Ir o contido principal

EDUEMPRENDE: FINANZAS PARA MORTAIS

Un ano máis, o noso alumnado participou no Programa Eduemprende: Finanzas para Mortais, unha iniciativa que promove o emprendemento e a cultura financeira como motores da innovación e o crecemento económico.

Durante o mes de xaneiro, estudantes de FP Básica e Ciclos Formativos de Grao Medio e Superior das distintas Familias Profesionais ofertadas no @politecnicodesantiago participaron nos obradoiros impartidos por formadores voluntarios do Banco Santander. Nestes talleres, aprenderon a:

  • Xestionar as súas contas bancarias.
  • Analizar inversións e fontes de financiamento.
  • Impulsar a súa iniciativa emprendedora.

Un novo paso cara a unha formación integral e de futuro nas ensinanzas de Formación Profesional! 

Síguenos para máis novidades sobre as nosas iniciativas formativas!

O CIFP Politécnico de Santiago acolle ao redor de mil cincocentos alumnos e alumnas en oito familias profesionais, convertíndose nun punto de encontro entre a formación profesional e o mundo laboral.

Redes sociais