Eduemprende: Finanzas para mortais
Hoxe, o CIFP Politécnico de Santiago contou coa presenza de María Castañeda, formadora do programa “Finanzas para Mortais" e directora de oficina no Banco Santander.
Esta actividade brindou aos alumnos matriculados en 2º FP Básica de Carpintaría e Moble, a oportunidade de participar nunha sesión totalmente práctica sobre a xestión das súas contas bancarias.
Os temas tratados incluíron o manexo de contas bancarias e depósitos á vista, tipos de tarxetas, transferencias, cheques e banca electrónica. Ademais, os alumnos puideron aprender a xestionar mellor os seus aforros e coñecer produtos de investimento, tales como depósitos a prazo, bolsa e plans de pensións.
Iniciativas como esta permiten que o noso alumnado adquira unha maior comprensión sobre a organización das súas finanzas persoais, preparándoos para afrontar o mundo financeiro con máis confianza e habilidade.