Ir o contido principal

Educación Financeira


Semana da Educación Financeira 2025

Do 6 ao 12 de outubro celebrouse a Semana da Educación Financeira 2025, e no CIFP Politécnico de Santiago sumámonos a esta iniciativa da man do Banco Santander baixo o lema: “Planificación financeira: infórmate – planifica – decide”.

Desenvolvéronse dúas charlas co obxectivo de fomentar a cultura financeira entre o noso alumnado:

  • “Enténdete cos bancos: contas e tarxetas bancarias”, a cargo de María Castañeda Vargas (8 de outubro).
  • “Seguridade nas túas finanzas: ameazas, estafas e fraudes; compras online e investimentos seguros; fraudes con criptoactivos e consellos prácticos”, impartida por Juan José Otero García (10 de outubro).

Unha excelente oportunidade para que o noso alumnado mellore as súas competencias financeiras e aprenda a tomar decisións económicas informadas e seguras.

Agradecemos ao Banco Santander pola súa colaboración e por ofrecernos esta valiosa experiencia de aprendizaxe.

Redes sociais