
- 08 Mar, 2021
- Libros
Fondo: Descrición
Mar, unha adolescente europea, viaxa ao Senegal na compaña da súa nai, quen traballa no proxecto de construcción dunha biblioteca e unha emisora de radio nunha vila de agricultores e pescadores do norte do país. Afeita ás comodidades e dinámicas do denominado primeiro mundo, a medida que se vai aclimatando aos ritmos e costumes do lugar, irá tomando conciencia de que a metade da súa equipaxe eran tópicos, prexuízos e descoñecemento.