Aqueles doces cantares. Unha ofrenda musical a Rosalía de Castro
Aqueles doces cantares. Unha ofrenda musical a Rosalía de Castro | |
|---|---|
![]() | Que o primeiro gran libro poético de Rosalía de Castro leve o nome de Cantares Galegos ten unha intención explícita de vindicación da patria e de enxalzamento da súa cultura e das súas xentes. Moitos destes cantares tiñan unha raíz popular, tamén de interpretación cantada de forma coral, que é a máis popular das músicas. Pero o libro carece do oportuno libreto musical, malia a constante invocación ao canto, como aparece xa no seu primeiro poema, «As de cantar». Procurar a converxencia da palabra e da música é o obxectivo deste libro, publicado polo Consello da Cultura Galega en 2013, e que pode ser descargado en formato pdf premendo sobre a seguinte ligazón. |
