Día Mundial do Solo
Con motivo do Día Mundial do Solo, celebrarase unha xornada especial titulada “Escoitando o solo: ciencia, sostibilidade e futuro”, dirixida ao alumnado dos ciclos superiores de Química e Saúde Ambiental, Laboratorio de Análise e Control de Calidade (modular) e o ciclo medio de Planta Química.
O encontro terá lugar na Aula Magna da Facultade de Bioloxía da USC.
Se outros grupos están interesados en asistir, poden poñerse en contacto coa coordinadora do Equipo de Dinamización da Lingua Galega (charofdezmunin@edu.xunta.gal) para organizar a súa participación.