Día Internacional da Muller
Este venres, 7 de marzo, con motivo do Día Internacional da Muller, celebrarase unha conferencia dirixida ao alumnado de 2º curso dos ciclos formativos de grao medio e superior. O evento, titulado Emprendemento en feminino nos sectores tradicionalmente masculinizados, abordará o papel das mulleres no mundo empresarial e profesional en ámbitos historicamente dominados por homes.